Unha das primeiras actividades do clube de ciencias nos chega da man dos departamentos de matemáticas, tecnoloxía e plástica con esta proposta de árbore. Para facela, o alumnado participante estivo este mes construíndo mooooitas pirámides, e basándonos no triángulo de Sierpinski, crearon e decoraron esta árbore de Nadal tan chula! #clubdecienciacpidomingofontan #cpidomingofontan #nadalcpidomingofontan
Velaquí o making-of:



Comentarios
Publicar un comentario