8M 2025: Ocultadas, pero elementais. Diversidade na Física

Martina Feijóo é unha científica que estudou no noso cole. Visitounos esta semana para falar co alumnado de secundaria sobre a presenza das mulleres na ciencia. Na semana do 8 de marzo, a nosa exalumna fixo unha exposición sobre o seu traballo como física nuclear e as súas aplicaciòns en diferentes eidos da medicina ou a tecnoloxía…Martina desenvolve a súa tese doutoral entre Santiago de Compostela e Frankfurt (entre outros lugares). O club de ciencia está moi agradecido de que puidera vir de visita e achegarnos a ciencia a Portas, ao mesmo tempo que contribuimos a facer visible o papel da muller en todos os eidos, incluído na ciencia #clubdecienciacpidomingofontan #mulleresnaciencia. Moitas grazas a Javi, profesor de música, por organizarnos a visita para o club.



Comentarios