O alumnado fixo estas ilustracións baseadas nos códices de Leonardo da Vinci.
Leonardo (Vinci -Italia-, 15 de Abril de 1422 - Amboise -Francia-, 2 de Maio de 1519) foi un xenio do Renacemento cun enorme talento nas máis diversas disciplinas, sendo case sempre autodidacta. A súa curiosidade infinita levoulle a ser, entre outras cousas: pintor, anatomista, arquitecto, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, humanista, enxeñeiro, inventor, poeta e urbanista.
Coma científico, Leonardo fixo incribles progresos no coñecemento dos campos da anatomía, da enxeñaría civil, da óptica ou da hidrodinámica. Como enxeñeiro e inventor, desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo: o helicóptero, o tanque de guerra, o submarino, a calculadora e o coche, aínda que moi poucos dos seus proxectos chegaron a seren construídos.
Os alumnos/as empregaron sanguina, lapis, carboncillo ou tinta chinesa sobre papeis envellecidos con té para que o parecido fose máis perfecto. Tamén escribiron "en espello" para imitar a Leonardo!

Comentarios
Publicar un comentario