Descifrando o código!

Comezamos o 2º trimestre descifrando o código!

Este ano, o departamento de Matemáticas deseñou unha serie de actividades sobre criptografía para o Club de Ciencia do CPI Domingo Fontán. Nunha primeira sesión proxectouse un breve vídeo introdutorio sobre as orixes da criptografía e os seus usos actuais. Nas dúas sesións seguintes traballáronse de maneira práctica dúas técnicas clásicas: o cifrado César e a elaboración dunha escítala espartana, coa que o alumnado puido enviar e descifrar mensaxes secretas.

A actividade permitiu achegar o alumnado ao mundo da criptografía dun xeito lúdico, práctico e motivador, poñendo en valor a aplicación das matemáticas na vida cotiá.

                    

         









Comentarios