A MATERIA PEZA A PEZA: CONSTRÚE OS TEUS PROPIOS ÁTOMOS!




Hoxe visitounos Julio Novoa Fernández para desenvolver na biblioteca do centro esta sesión do club de Ciencia.

Despois dunha charla introdutoria sobre Física de partículas e a estrutura dos átomos, esta actividade propón a construción de núcleos, átomos, moléculas e diversos isótopos mediante o uso de pezas de construción de diferentes cores, que representan cada partícula elemental (quarks up/down e electróns).

O proxecto "A materia peza a peza" forma parte de Polos Creativos, o programa de innovación educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Trátase dun recurso didáctico accesible para un alumnado diverso e que procura facilitar a comprensión da estrutura da materia a través dun enfoque manipulativo. Dito proxecto conta coa colaboración do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), en Santiago de Compostela. 

Moitas grazas a Javi, o profe de Música do cole, por organizala para o club de Ciencia!



       





Comentarios