Está rematando o curso e esta semana no club de Ciencia fixemos un taller moi entretido! Seguindo as indicacións de Emilio como en talleres previos, contruímos outro microecosistema. Neste caso foi un deserto, con cactos e outras plantas suculentas: colocamos a grava, a terra e a area no acuario, e logo plantamos as plantas. Unha vez feito no laboratorio, colocámolo na sala de titorías, cunha lámpada cun temporizador para asegurarnos de que as plantas poidan facer a fotosíntese.




Comentarios
Publicar un comentario