Día da nena e da muller na ciencia 2025

O día 11 de febreiro celébrase o día da muller e da nena na ciencia. Con motivo desta celebración, o club de ciencia organizou unha charla coa investigadora María Ginzo Villamayor, matemática do departamento de estadística e investigación operativa da USC. Nela falounos das súas investigacións: creación de algoritmos matemáticos para usar en protocolos de seguridade na extinción de incendios; e logo investigación da distribución dos apelidos para estudar os movementos poboacionais, estudo que recibiu o premio á mellor tese doutoral en humanidades dixitais, que outorga a Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas e a fundación BBVA. Con ela, descubrimos que en Portas somos moi enxebres, e temos apelidos moi especiais desta zona, como Fontán ou Maquieira.

Moitas grazas por achegarnos o teu traballo ao noso colexio  #clubdecienciacpidomingofontan


















Comentarios