ILUSTRACIENCIA: cianotipias/blueprints

 

O alumnado fixo cianotipias, aproveitando o bo tempo que está a facer.

Inventada polo astrónomo Sir John Herschel en 1842, a cianotipia é un antigo proceso fotográfico que produce unha imaxe azul permanente, mediante a exposición a unha fonte de luz ultravioleta (por exemplo o sol).

O seu nome provén do grego “kyáneos”, que significa azul escuro, e “typóno”, que significa impresión.

Foi o primeiro proceso sinxelo i económico para producir imaxes fotográficas, xa que se basea en sales de ferro, en vez das de prata habituais, moito máis caras. 

Aínda estamos a fecer probas, por exemplo con follas secas ou non, salpicando a mestura, deixando máis ou menos ao sol, cambiando de tipos de papel e incluso sobre tea de algodón...

A verdade é que é moi divertido!!! 

Comentarios