Retos matemáticos!

O departamento de matemáticas preparou para o club de ciencia un concurso de retos matemáticas. Durante as últimas semanas o alumnado participante tivo que resolver enigmas e problemas matemáticos e introducilos no buzón! Houbo moita participación, e a tarefa de corrección prolongouse no tempo. E o nivel foi tan alto, que tiveron que organizar un desempate! Ao final, os/as gañadores/as
tiveron o seu merecido premio, que foi entregado no acto de fin de curso.

 

 








Comentarios