Construímos unha cámara estenopeica! PARTE II

 

Esta semana, aproveitando o bo tempo, probamos as cámaras estenopeicas que estivemos contruíndo nas semanas previas co profe Juan de Tecnoloxía e coa profe Sara de Expresión Artística.

Colocamos as cámaras polos xardíns e calculamos o tempo cunha aplicación de exposición solar. 

A verdade é que costou un pouco pillarlle o punto ao tempo de exposición, pero ao final saíron fotos moi chulas!

Comentarios